O Concello de Ramirás ten activada ata o 7 de xaneiro a súa campaña “Agasallos no Peto”

OurenseXa
A iniciativa ten como obxectivo incentivar o comercio local, repartindo un total de 300 euros en premios entre as persoas que realicen compras en establecementos do municipio
Mercado-de-nadal-xenerica
29 Dec 2025

O Concello de Ramirás ten activada ata o 7 de xaneiro a campaña “Agasallos no Peto”, unha iniciativa dirixida a incentivar as compras no comercio e na hostalería local durante as datas do Nadal.

A través desta iniciativa sortearanse 300 euros en premios entre todas as persoas maiores de idade que realicen compras por un importe mínimo de 30 euros en establecementos do municipio, xa sexan comerciais ou hostaleiros. Quedan excluídas as compras de combustible e fármacos.

Para participar, será necesario grapar os tíckets de compra á tarxeta específica do sorteo e depositala no Peto dos Agasallos, situado na entrada do Concello. As tarxetas estarán dispoñibles nos propios comercios, establecementos hosteleiros, servizos e aloxamentos de Ramirás.

Os premios consistirán nun total de 300 euros, repartidos nun premio de 100 euros e catro premios de 50 euros. Todas as cantidades gañadas deberán gastarse no comercio e na hostalería local, agás en gasolina e fármacos.

Con esta campaña, o Concello de Ramirás busca apoiar o tecido económico local e fomentar o consumo de proximidade durante unhas datas clave para o comercio do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.091337203979492