San Cibrao das Viñas abre unha liña de axudas para deportistas individuais

Poderán solicitarse ata principios de outubro e os beneficiarios recibirán 200 euros
Deporte-monforte-axudas
8 Jul 2025

O Concello de San Cibrao das Viñas abriu o prazo para solicitar axudas económicas destinadas a deportistas federados e veciños do municipio.
Cada persoa beneficiaria poderá recibir unha subvención de 200 euros. As solicitudes poden presentarse durante os tres meses seguintes ao 5 de xullo de 2025, tanto a través da sede electrónica do Concello como no Rexistro Xeral.

Os principais requisitos para optar a estas axudas son: estar empadroado en San Cibrao das Viñas polo menos desde hai un ano, contar con licenza federativa vixente en modalidades individuais, acreditar resultados deportivos destacados durante a tempada 2023-2024 e estar ao día das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Desde o Concello destacan que esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer o esforzo e a traxectoria dos deportistas locais.

⚙ Configurar cookies
0.1832230091095