O Concello de San Cibrao das Viñas lanza unha canle oficial de WhatsApp para manter informada a cidadanía

A través dela, os usuarios poderán acceder a avisos de urxencias e alertas, información sobre tráfico e obras, notificacións relativas aos servizos básicos e novidades sobre eventos
Uso móvil xenérica
24 Jan 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas puxo en marcha unha canle oficial en WhatsApp co obxectivo de mellorar a comunicación e manter aos seus veciños informados de xeito rápido e seguro. Esta nova ferramenta gratuíta permitirá á poboación recibir en tempo real información relevante sobre o municipio.

A través deste canal, os usuarios poderán acceder a avisos de urxencias e alertas, información sobre tráfico e obras, notificacións relativas aos servizos básicos e novidades sobre eventos destacados no municipio.

Para unirse, só hai que abrir WhatsApp, ir á pestana “Novedades”, buscar “Concello de San Cibrao das Viñas” e premer en “Seguir”. Con esta iniciativa, o Concello dá un paso adiante para estar máis conectado cos seus veciños e facilitar o acceso á información local.

⚙ Configurar cookies
0.080336809158325