O Concello de San Cibrao das Viñas organiza unha xornada gratuita de rafting polo río Miño
OurenseXa
O tramo de descenso realizarase desde Cequeliños, á altura de Melgaço en Portugal ata Barcela, na zona da Lomba, preto de Arbo e tamén da Cañiza.
Xornada gratuita de rafting polo río Miño
12 May 2024
O Concello de San Cibrao das Viñas organiza unha xornada de rafting gratuita enfocada aos rapaces e as rapazas de entre 15 e 25 anos do concello.
A actividade consistirá na realización dun descenso polo Río Miño entre os tramos de Cequeliños, á altura de Melgaço en Portugal ata Barcela, na zona da Lomba, preto de Arbo e tamén da Cañiza. O evento terá lugar o sábado, 25 de maio, e os interesados poderán inscribirse ata o día 20 de maio a través da páxina web do concello.
Os únicos requisitos para poder formar parte de esta actividade son saber nadar e ter entre 15 e 25 anos e estar empadroado no Concello de San Cibrao das Viñas