O Concello de San Cibrao das Viñas pecha os parques ata o paso da borrasca Kirk
OurenseXa
O Concello de San Cibrao das Viñas toma esta medida ante o aviso laranxa por fortes ventos

9 Oct 2024
Os parques do Concello de San Cibrao das Viñas permanecerán pechados durante a xornada deste mércores ante o paso da borrasca Kirk, que está a deixar fortes refachos de vento e choivas por toda a provincia de Ourense, que permanece baixo alerta laranxa.
Desde o Concello piden á veciñanza que tome precaucións mentres o aviso estea activo. Os parques e zonas verdes do Concello non reabrirán, por precaución, ata o paso do temporal, probablemente a xornada do xoves pola mañá.