O Concello de Verea despide o 2025 superando os 1.000 habitantes

O pasado 22, de decembro, o Concello de Verea logrou superar a barreira do milleiro de persoas inscritas no padrón municipal, case unha década despois. Nun territorio caracterizado por un alto índice de envellecemento, manter e incrementar a poboación supón, segundo afirman dende o Concello, un reto importante.
O goberno local tiña como obxectivo principal superar os 1.000 habitantes, e para iso, explian, puxeron en marcha políticas centradas en vivenda, servizos de mobilidade, axuda aos maiores e conciliación familiar.
Estes resultados mostran que crer no rural xa non é só un soño, senón unha realidade alcanzable, e por iso dende o Concello, queren agradecer a colaboración e compromiso das veciñas e veciños de Verea para facer posible este logro.