O Concello de Xunqueira de Espadanedo habilita as reservas en liña da pista de pádel

A veciñanza xa pode xestionar as quendas a través dunha plataforma dixital para axilizar o uso da instalación
XUNQUEIRA ESPIÑAREDO padel
6 Jan 2026

O Concello de Xunqueira de Espadanedo vén de poñer en marcha un sistema de reservas en liña para a pista municipal de pádel, co obxectivo de facilitar a organización dos horarios e mellorar o acceso á instalación.

A través desta ferramenta, as persoas usuarias poden consultar a dispoñibilidade e realizar a reserva directamente desde internet, evitando desprazamentos e permitindo unha xestión máis ordenada das quendas.

A ligazón habilitada para tramitar as reservas encontrase na web municipal.

0.12263107299805