O Concello intensificará o control para evitar o estacionamento de vehículos nas paradas dos autobuses urbanos

OurenseXa
A Policía Local priorizará este servicio para previr a proliferación de coches aparcados en diferentes paradas
autobuses_urbanos_Ourense
Parada de autobuses, Parque de San Lázaro, Ourense
3 Abr 2024

O Concello de Ourense intensificará a vixilancia e o control para evitar o estacionamento indebido de vehículos nas paradas do servizo de autobuses urbanos. O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, deu orde esta mañá á Policía Local para que priorice este servizo, coa finalidade de previr a proliferación de coches aparcados en diferentes paradas, como se ten detectado recentemente na do Pavillón dos Remedios, entre outras, que impiden o correcto funcionamento do transporte urbano colectivo, con traballos de control e, se procede, de sanción a quen infrinxa a norma.

0.10716104507446