O Concello nomea dous novos inspectores principais do corpo da Policía Local
OurenseXa
A toma de posesión celebrouse non acto presidido polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.
19 Xan 2024
O Concello de Ourense nomeou dous novos inspectores principais do corpo da Policía Local, logo do proceso de selección desenvolvido para a cobertura das prazas, pola quenda de promoción interna. Lorenzo Ferreiro Núñez e Baldomero Rubio Touza tomaron posesión esta mañá nun acto celebrado no salón de plenos, ao que asistiu o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.