O Concello non autorizará máis feiras na rúa do Paseo

OurenseXa
As feiras serán derivadas a espazos como parques e prazas, máis aceitamos para este tipo de eventos según explican dende o Concello
Rua_paseo_Ourense
Rúa do Paseo, Ourense
21 Mar 2024

O Concello de Ourense non autorizará a realización de feiras na rúa do Paseo e derivará este tipo de eventos a prazas e parques da cidade máis axeitadas para este tipo de actividades. O goberno municipal anunciou esta mañá que desde hoxe, como nova práctica e normativa non se autorizará a realización na rúa do Paseo de feiras (como as de artesanía, libros e outras), xa que este tipo de eventos, coa instalación de expositores a pé de rúa, ocasionan prexuízos en materia de visibilidade e accesibilidade aos comercios existentes, ao tránsito peonil e á entrada de vehículos a garaxes e a espazos de carga e descarga.

O goberno municipal entende que “non procede en absoluto realizar unha feira no medio dunha rúa, invadíndoa con "stands" polo que, no sucesivo, habilitará espazos máis axeitados para este tipo de eventos, en diferentes parques e prazas da cidade. Citan a modo de exemplo, a Praza Maior, o Parque de San Lázaro ou a Alameda, que xa acolleron recentemente eventos, como foron os incluídos na programación do Nadal ou o Parque Infantil, entre outras posibilidades.

0.11244797706604