O Concello organiza representacións de teatro en inglés para o alumnado de Secundaria
Concellería de Educación do Concello de Ourense organizou esta martes dous espectáculos de teatro en inglés para alumnado de Secundaria dos centros educativos da cidade, coa obra “Three stories of Scotland”, no Auditorio. Trátase da representación teatral de 3 historias curtas ambientadas na guerra da independencia de Escocia durante o século XIII: un drama, unha comedia e unha traxedia.
A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu á representación, que contou coa participación activa do alumnado, que nun momento crucial tivo que elixir o rumbo dos acontecementos e o destino dos personaxes protagonistas e participou despois nun coloquio co elenco da obra.
Con esta actividade, o Concello aposta por utilizar o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica para estimular a aprendizaxe da lingua inglesa, ao tempo que dar a coñecer dous personaxes relevantes do século XIII en Escocia como Robert de Bruce e William Wallace.