O Concello Ourense adxudica as luces de Nadal por preto de 600.000 euros

O Concello de Ourense adxudicou o contrato para a subministración e instalación da iluminación de Nadal da cidade cun orzamento de 596.004,99 euros, IVE incluído.
A empresa encargada será Iluminacións Ximénez SA, única participante no concurso convocado polo Concello. Os traballos de instalación comezarán a mediados de setembro e o acendido oficial das luces celebrarase o venres 5 de decembro, coincidindo coa véspera da ponte tradicional dos días 6 e 8 de decembro.
O proxecto inclúe a subministración e colocación en réxime de alugueiro de todos os elementos decorativos do alumeado navideño, que adornarán as rúas da cidade durante as festas.