O Concello Ourense aprobará este xoves as obras de mobilidade vertical na Rampa de Sas

OurenseXa
O proxecto conta cun orzamento de 3,6 millóns de euros e contempla a instalación dun total de seis ramplas mecánicas
rampas_mecanicas_concordia_concello_ourense
Imaxe das ramplas mecánicas de Concordia
12 Nov 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobará mañá, 13 de novembro, o expediente para contratar as obras de humanización e mobilidade vertical na rúa Rampa de Sas.

O proxecto conta cun orzamento de 3,6 millóns de euros (IVE incluído) e contempla a instalación de seis ramplas mecánicas para salvar a forte pendente que existe entre a Praza do Couto e o Instituto do Couto.

Esta actuación, explica o Concello, permitirá mellorar notablemente a accesibilidade nunha das zonas con maior desnivel da cidade, facilitando o acceso peonil a equipamentos educativos como o Instituto e o colexio do Couto, así como a unha ampla área residencial que inclúe rúas como Francisco Asorey, Silvio Fernández e outras urbanizacións, ademais de barrios próximos como Salto do Can, Rabo de Galo, Cabeza de Vaca e a Carballeira.

⚙ Configurar cookies
0.075507164001465