O Concello Ourense homenaxea o equipo Marbel polos seus logros no Grand Prix de Roma

OurenseXa
O equipo ourensán regresou da competición cun total de cinco medallas
recepcion-club-marbel-concello-ourense
Recepción do Club Marbel no Concello de Ourense
31 Jul 2025

O Concello de Ourense acolleu este mércores, no Salón de Plenos, unha recepción oficial ao equipo de Jiu-Jitsu Marbel, que vén de conseguir unha destacada actuación no Grand Prix Mediterranean Roma 2025. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado polo concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, e polos edís Antonio Fernández e Tamara Silva (ambos practicantes da disciplina) recibiu aos deportistas para felicitalos polos seus logros e recoñecer o seu esforzo.

O equipo regresou de Roma cun medalleiro notable que reafirma o bo momento que vive o club. Alicia Pazos e Álvaro Seoane acadaron o ouro na categoría U-12 show mixto e o bronce en dúo mixto da mesma idade, mentres que Carla Seoane e Bea Nesi lograron a prata na categoría U-16 show feminino. Pola súa parte, Silvia Iglesias e Llucía Caneiro quedaron ás portas do podio cun cuarto posto en U-18 show feminino. En combate, Leire Carrera Prieto conseguiu a prata en ne-waza -57 kg, mentres que Guillermo F. Arenas Jara colleitou un bronce en adults ne-waza -69 kg. Tamén destacou a participación de Rubén Córdoba Bermello, que rematou en quinto lugar na categoría adults fighting -94 kg.

Durante a recepción, tanto o alcalde como os concelleiros puxeron en valor o compromiso e a disciplina dos deportistas, subliñando que os seus resultados son un exemplo para o deporte local e unha mostra do traballo constante que vén desenvolvendo o equipo. Estes éxitos, sinalaron, non só engrandecen ao club Marbel, senón que tamén proxectan o nome de Ourense no panorama internacional do Jiu-Jitsu.

⚙ Configurar cookies
0.17974400520325