O Concello pechará as Termas do Muíño da Veiga e A Chavasqueira o vindeiro luns

OurenseXa
O espazo termal permanecerá clausurado ata a próxima primavera
termas-do-muiño
13 Nov 2025

As Termas do Muíño da Veiga pecharán ao público a partir do luns, 17 de novembro, unha vez rematada a tempada 2025, e volverán abrir en primavera.

Así o afirmou esta mañá o Concello de Ourense nun comunicado no que explica que este espazo termal, emprazado en zona inundable na marxe dereita do río Miño non pode permanecer operativo durante o outono e o inverno a causa das frecuentes crecidas que experimenta o caudal do río, que anega acotío as zonas de baño e impide o seu uso.

Unha decisión que non sempre é ben recibida polos numerosos usuarios deste espazo de esparellamento e lecer gratuíto, un dos máis utilizados da cidade, que este ano unicamente estivo aberto dende xuño ata novembro.

As termas gratuítas da Chavaqueira tamén pecharán desde o luns até primavera.

⚙ Configurar cookies
0.073529958724976