O Concello presenta o programa de actividades do Botánico de Montealegre para os meses de febreiro e marzo
O Concello de Ourense pon en marcha unha nova edición do programa de actividades lúdicas e formativas do Parque Botánico de Montealegre. Son 8 obradoiros, que se levarán a cabo os sábados e os domingos pola tarde durante os meses de febreiro e marzo. Con estas propostas, o Concello pretende conectar a veciñanza coas instalacións do parque, ao tempo que fomentar un maior coñecemento da contorna e promover hábitos beneficiosos para o medio ambiente.
As primeiras citas serán pasado mañá, sábado, 17 de febreiro, cun obradoiro de cultivo de sementes, e o domingo, 18, con outro dedicado á artesanía con arxila, ambos os dous dirixidos a público infantil, de 5 a 12 anos. En sucesivas semanas haberá novas propostas, como Crea as túas flores, Figuras de paxaros, Mural de Primavera ou Caderno de Campo, entre outras, dirixidas á cativada, para rematar o sábado, 16 de marzo coa actividade “Percorre o Botánico”, para todos os públicos. Todas as actividades son gratuítas pero, dado o número limitado de prazas, é precisa unha inscrición previa, ben no teléfono 988.388.135, en horario de mañá, ou no enderezo de correo electrónico sm.p.montealegre@gmail.com.
PROGRAMACIÓN COMPLETA
- Sábado 17 de febreiro, 16.00 h: Cultivo de sementes, para público infantil
- Domingo, 18 de febreiro, 16.00 h: Artesanía con arxila (público infantil)
- Sábado, 24 de febreiro, 16.00 h: Crea as túas flores, para público infantil
- Domingo, 25 de febreiro, 16.00 h: Figuras de paxaros, para público infantil
- Sábado, 2 de marzo, 16.00 h: Mural de Primavera, para público infantil
- Domingo, 3 de marzo 16.00 h: Caderno de campo, para público infantil
- Sábado, 9 de marzo, 16.00 h: Portalapis e reciclaxe, para público infantil
- Sábado, 16 de marzo, 16.00 h: Percorre o Botánico, para todos os públicos