O Concello recorrerá ante o TSXG a sentenza do Xulgado do Social que o condena por incumplir a ley de prevención de riscos laboráis

OurenseXa
O texto amosa ademais conductas de acoso dirixidas á traballadora
Gonzalo Pérez Jácome
Gonzalo Pérez Jácome
19 Mar 2025

O Concello de Ourense anuncia que presentará un recurso de suplicación ante o TSXG contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense. Esta decisión, que estima parcialmente a demanda dunha traballadora, considera que o Concello e o alcalde, Gonzalo P. Jácome, infrinxiron a normativa en materia de prevención de riscos laborais.

Pero o Concello non comparte esta resolución e, en consecuencia, decide interpor un recurso nos vindeiros días. O Goberno Municipal “reitera o seu compromiso coa normativa vixente e a seguridade laboral e confía en que o TSXG valore os argumentos expostos no recurso”, sinalan nun comunicado.

Porén, é a terceira vez que o Concello é condenado nesta sentido dende que Gonzalo Pérez Jácome é alcalde de Ourense. As outras dúas, por acoso á intendente-xefa da Policía Local e ao Interventor municipal. Neste caso, a condena por acoso non é directa, senón que este despréndese ao longo texto, no que se amosan conductas de acoso dirixidas á denunciante.

Tras a sentenza, o Concello e o alcalde deberán pagar á ex - xefa de Comercio, Stella González “de forma conxunta e solidaria” una cantidade de 30.000 euros por danos morais, e outros 18.685 euros en concepto de indemnización por incapacidade temporal”.

⚙ Configurar cookies
0.41131496429443