O Concello reforzará este sábado o servizo de autobuses a Expourense para o OUR FEST

OurenseXa
A Liña 6 manterá os horarios dos días laborais e haberá unha lanzadeira entre Expourense e Parque de San Lázaro
liña_6_autobuses_ourense
13 Sep 2024

O Concello de Ourense reforzará pasado mañá, sábado, 14 de setembro, o servizo de autobuses urbanos cara a Expourense pola celebración do festival OUR FEST 2024.

Por unha banda, sdurante esa xornada, malia ser sábado, a liña número 6: O Vinteún – Expourense, manterá os horarios e frecuencias habituais en días laborais, de xeito que sairán autobuses cara a Expourense ás 13.35, 14.55, 16.15, 17.35, 18.55, 20.15 e 21.35 horas, cos seus respectivos regresos (até as 22.15 horas) desde o recinto feiral. A liña sae de Valdorregueiro e fai paradas na estrada de Santiago, Avenida de Santiago, Praza da Mariña, Parque da Ponte, Vicente Risco, Curros Enríquez, Parque de San Lázaro, Xoán XXIII, Alameda, Xardín do Posío, Coruña, Nosa Señora da Saínza, Avenida de Zamora, Mariñamansa e IES Ferro Couselo até rematar no Pazo dos Deportes – Expourense.

Para reforzar a oferta de transporte público pola noite, o Concello activará tamén un servizo lanzadeira de autobuses, que sairán desde a 1.30 até as 3.30 h, desde Expourense até o Parque de San Lázaro.

O Concello convida o público a utilizar o transporte público en vez de los vehículos particulares, para acudir tanto ao festival que se levará a cabo en Expourense, como tamén ao partido que disputará esa mesma tarde Club Ourense Baloncesto correspondente á Copa España, no Pazo Paco Paz.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13268494606018