O Concello substitúe dúas árbores do Parque de San Lázaro por risco de caída

OurenseXa
Os traballos realizaranse desde este xoves, 14 de marzo, a primeira hora e desenvolveranse durante 2 días.
Parque_san_lazaro_Ourense
Parque de San Lázaro, Ourense
14 Mar 2024

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense substituirá dúas árbores do Parque de San Lázaro que ofrecen perigo de caída. Os traballos realizaranse desde este xoves, 14 de marzo, a primeira hora e desenvolveranse durante 2 días.

Porén, a zona de xogos infantís reabrirase ao público, se non hai contratempos, hoxe pola tarde. O Concello substituirá as dúas árbores actuais por outras novas.

0.16692304611206