O convenio do Xantar na Casa chegará ao Pleno do Concello de Ourense o vindeiro martes
O Concello de Ourense levará ao Pleno extraordinario do vindeiro martes, 18 de xuño, o convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa “Xantar na Casa”.
A proposta, presentada esta mañá, pasa ao pleno cos votos favorables do goberno municipal de Democracia Ourensana e a abstención por parte dos grupos de PP, PSdeG-PSOE e BNG.
Sen embargo, desde o PP sinalan que "é vergoñento que a Xunta de Galicia leve desde o pasado mes de xaneiro, esperando que o Concello de Ourense lle responda á proposta de convenio que lle fixo para a posta en marcha do servizo Xantar na casa nesta cidade e que aínda a levase hoxe a comisión de pleno”.
A voceira popular, Sonia Ogando, asegura que "a Xunta de Galicia xa confirmou que tratará de axilizar a posta en marcha do servizo, pero que a aprobación do convenio non supón que automáticamente póidase prestar”, e denuncia que “é unha mágoa que moitos veciños desta cidade quedasen sen servizo dun día para outro por unha irresponsabilidade máis do alcalde".