O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova conmemora seus 20 anos
O XX Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (Cemac), titulado '20 anos co cinema galego. Industria, cultura, identidade, pechou este venres a súa programación', pechou a súa última edición coa entrega de diplomas aos 35 estudantes participantes.
O curso forma parte da programación de extensión universitaria do campus de Ourense e estivo dirixido por Paulino Pérez e Miguel Anxo Fernández, profesores da Facultade de Comunicación do campus de Pontevedra. Nesta edición, lembrouse na clausura, conmemoráronse dúas décadas desta cita e do seu compromiso co audiovisual galego.
Seguindo a liña de anteriores edición, o programa deste ano do curso contou coa participación de diversos perfís profesionais, artísticos e técnicos, de producións estreadas no último ano, como +Cuñados, As Neves e Tratamos demasiado bien a las mujeres, segundo informan desde a UVigo.