O deporte alaricano está de noraboa tras o ascenso do CB Allariz en dúas categorías

O deporte alaricano está de noraboa tras o ascenso do CB Allariz en dúas categorías. Por unha banda, e por primiera vez na historia do club, o equipo xuvenil feminino conseguiu subir a Primeira División, un logro que reflicte o esforzo, o traballo e a dedicación das xogadoras.
Ademais, a pasada fin de semana, o equipo xuvenil masculino tamén acadou unha importante vitoria que lle permitiu lograr o ascenso a Primeira División.
Dende o Concello, queren felicitar a ambos equipos por estas metas alcanzadas e animalos a continuar con esta boa traxectoria deportiva.