O desfile de Papá Noel ocasionará cortes de tráfico este sábado no centro de Ourense

OurenseXa
A comitiva iniciará o seu percorrido na rúa Xoaquín Lourenzo “Xocas” e continuará por Curros Enríquez, á altura da Subdelegación do Goberno, para seguir polo Paseo e pola rúa Lamas Carvajal ata concluír na Praza Maior
desfile-papa-noel-ourense
19 Dec 2025

O centro da cidade verá afectada a circulación este sábado, 20 de decembro, pola celebración do desfile de Papá Noel, que obrigará a establecer cortes de tráfico durante a tarde para garantir o correcto desenvolvemento do evento.

A comitiva iniciará o seu percorrido na rúa Xoaquín Lourenzo “Xocas” e continuará por Curros Enríquez, á altura da Subdelegación do Goberno, para seguir polo Paseo e pola rúa Lamas Carvajal ata concluír na Praza Maior.

Con motivo do desfile, a rúa Xoaquín Lourenzo permanecerá pechada ao tráfico entre as 15.00 e as 19.00 horas. Ademais, entre as 18.45 e as 19.00 horas tamén se restrinxirá o acceso á rúa Curros Enríquez desde as rúas Concello e Xoán XXIII. Durante ese tramo horario, a circulación será desviada pola rúa Xoán XXIII, pasando pola parte traseira da Subdelegación do Goberno.

Desde a organización recoméndase á veciñanza que teña en conta estas limitacións á hora de desprazarse pola zona e que utilice itinerarios alternativos mentres dure o desfile.

⚙ Configurar cookies
0.079655885696411