O Domingo de Correidoiro inunda as rúas de Xinzo e Verín
OurenseXa
As pantallas de Xinzo e os cigarróns de Verín saíron onte ás rúas nunha das xornadas máis importantes do entroido da provincia de Ourense.
5 Feb 2024
Miles de persoas déronse cita onte nas rúas de Xinzo e Verín no "Domingo de Corredoiro", onde as pantallas e os cigarróns, respectivamente, foron os protagonistas da xornada.
A provincia de Ourense afrontou este domingo unha das xornadas máis importantes do entroido. En Xinzo, as pantallas saíron por primeira vez todas xuntas polas rúas do municipio, arroupadas polas charangas charangas “Armando Jarana” e “Elite”, que foron as encargadas de poñer música á xornada.
Mentres tanto, Verín afrontou a primeira saída dos cigarrones, reunindo por centos de persoas que abarrotaron as rúas durante toda a xornada. A próxima gran cita do Entroido espérase para este próximo xoves de comadres.