O Encontro Anual de Malaikas 2024 abriu as portas en Allariz

OurenseXa
Malaikas é un proxecto de prevención da violencia de xénero e intervención con mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade social
Encontro Anual de Malaikas 2024
6 Out 2024

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou este sábado na inauguración do Encontro Anual de Malaikas 2024, organizado pola Fundación Juan Soñador e que se celebra esta fin de semana no Albergue Allariz.

Malaikas é un proxecto de prevención da violencia de xénero e intervención con mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade social e que se desenvolve grazas á colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Juan Soñador.

O Encontro Anual Malaikas xorde co obxectivo de ofrecer un espazo no que as mulleres participantes das distintas cidades (A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo) poidan coñecerse, convivan e continúen creando alianzas. Durante a fin de semana, realizarase obradoiros e actividades e as asistentes poderán compartir as súas experiencias persoais.

0.19495606422424