O equipo júnior mixto do Club Ximnasia Pavillón proclamouse campión de España en ximnasia estética de grupo

OurenseXa
O Pavillón dos Remedios acolleu este fin de semana o Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo con excelentes resultados para o club ourensán
campionato-españa-ximnasia-estetica-ourense-club-ximnasia-pavillon
Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo, Ourense
14 Jul 2025

Durante o pasado fin de semana, o Pavillón Municipal dos Remedios acolleu a segunda edición do Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo, que reuniu a máis de 500 deportistas de 11 comunidades autónomas, desde categoría infantil ata sénior.

O Club Ximnasia Pavillón participou con tres equipos en distintas categorías. O equipo sénior competiu o sábado pola mañá e conseguiu un meritorio sétimo posto, quedando moi preto de entrar na final, que disputaban os seis primeiros.

Mentres tanto, o equipo alevín debutou nesta modalidade e finalizou en oitava posición, ofrecendo unha actuación destacada.

A gran noticia chegou da man do equipo júnior mixto, que se clasificou en primeiro lugar na súa categoría para a final e, tras manter esa posición o domingo, proclamouse campión de España.

⚙ Configurar cookies
0.12015604972839