O escolta estadounidense Gabe Kalscheur incorpórase ás filas do COB

OurenseXa
Con esta incorporación, o COB reforza a súa liña exterior para a vindeira tempada
Gabe Kalscheur
Gabe Kalscheur, imaxe de Iowa State Men's Basketball
12 Jul 2025

O Club Ourense Baloncesto confirmou a fichaxe do escolta estadounidense Gabe Kalscheur para a próxima tempada. O xogador, nacido en Minnesota en 1999 e cunha altura de 1,93 metros, chega procedente dos Nürnberg Falcons, equipo da ProA alemá, segunda categoría do baloncesto do país.

Formado na NCAA, Kalscheur destacou durante a súa etapa universitaria polas universidades de Minnesota e Iowa State, onde se consolidou como un dos tiradores máis fiables da Big 12. Xa na súa etapa profesional, a súa primeira experiencia foi en Alemaña, asinando unha boa tempada cos Falcons. Na pasada campaña disputou 34 partidos, nos que promediou 14,1 puntos, 2,3 rebotes e 1,4 asistencias en 28 minutos por encontro. Entre as súas virtudes salientan a súa eficacia no tiro exterior (32,7 % en triplas) e a súa seguridade desde o tiro libre (88 %). Ademais, soubo adaptarse rapidamente ao baloncesto europeo sen necesidade de monopolizar o xogo.

Con esta incorporación, o COB reforza a súa liña exterior cun xogador versátil, que achega puntos, orde e carácter competitivo a un vestiario que segue tomando forma con ambición para a tempada 2025/26.

⚙ Configurar cookies
0.15246319770813