O Goberno galego ratifica o seu apoio ao Liceo de Ourense
OurenseXa
A Xunta pon en valor o labor levado a cabo polo Liceo de Ourense a prol do tecido cultural na provincia
Reunión entre a directiva do Liceo de Ourense e o delegado territorial da Xunta en Ourense
7 Jan 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial coa directiva do Liceo de Ourense, encabezada polo seu presidente, Javier Casares, que explicou o labor cultural e social que está a desenvolver esta entidade, tanto para o seus socios como para a sociedade ourensá en xeral.
Manuel Pardo, ratificou o apoio do Goberno galego e a cooperación activa con esta institución centenaria co fin de posibilitar que todo o tecido cultural e social que xira en torno ao Liceo de Ourense se manteña e poidan seguir a desenvolver o seu traballo as entidades que alí teñen acollida.