O Goberno Municipal pon en valor o "enorme éxito" do Halloween de Ourense

OurenseXa
A edición de 2024 foi “a máis populosa e participativa”, destacan desde o Concello
Halloween, Ourense
Halloween, Ourense
2 Nov 2024

A 'Noite de Medo-Halloween de Ourense 2024' rematou cun balance moi positivo para o goberno municipal, que destaca o “éxito total” das actividades programadas na cidade. A edición de 2024, subliña, foi “a máis populosa e participativa” dunha celebración que o goberno local vén impulsando desde o ano 2019 (e continuando desde 2021 até 2024) cunha ampla programación de actividades.

As diferentes propostas lúdicas e festivas organizadas ao longo da xornada encheron de público pola tarde e pola noite as rúas da cidade, principalmente a Praza Maior, a Praza de Bispo Cesáreo e a zona dos viños.

A programación festiva comezou ás 5 da tarde cun obradoiro infantil de cabazas e maquillaxe, no Parque de San Lázaro, e continuou co espectacular Desfile do Medo, con Pablo Méndez, que avanzou pola rúa do Paseo até rematar na Praza Maior, onde se levou a cabo o concerto infantil. Got Pop – Un musical doutra galaxia.

As propostas festivas e de animación incluíron tamén un flash mob, un túnel e unha pasaxe do terror, unha batucada, o espectáculo Chaioso Medo e a Procesión da Santa compaña (Paseo e zona vella). A parte musical completouse coa actuación da orquestra Panorama e de DJ A Gramola.

0.060697078704834