O Goberno pon a disposición dos concellos galegos 5,6 millóns de euros para actualizar o padrón en tempo real

OurenseXa
En total, poderán beneficiarse destas axudas os 290 concellos de menos de 20.000 habitantes existentes en toda Galicia
Delegación_Goberno_Pedro_Blanco_O_Carballiño
A Delegación de Goberno presenta as novas axudas do Goberno aos concellos galegos no Carballiño
26 Feb 2024

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presentou no Carballiño as axudas económicas que o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática pon a disposición das entidades locais para que dixitalicen o seu padrón, algo que deberá ser obrigatorio antes de agosto do 2026. Acompañárono o alcalde de O Carballiño, Francisco Fumega e o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González.

En total, o importe preasignado polo Goberno para os concellos galegos ascende aos 5,6 millóns de euros, dos cales 1,2 están destinados á provincia de Ourense. Serán as deputacións provinciais as encargadas de solicitalos e administralos entre os municipiosque non superen os 20.000 habitantes. Pedro Blanco aproveitou para animar a todas as administracións locais a sumarse a esta convocatoria, aberta ata o 1 de abril deste ano. Estas axudas forman parte dun proxecto financiado polo Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR), que xestiona o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática en colaboración co Instituto Nacional de Estatística (INE).

A nivel galego, poderán ser beneficiados destas axudas os 290 concellos de menos de 20.000 habitantes que hai en Galicia. Pedro Blanco destacou que estes cambios significan “algo moi importante no día a día para a prestación óptima dos servizos públicos municipais á cidadanía e para un financiamento máis acorde á poboación real”. O cambio normativo, aprobado polo Goberno a comezos deste ano, esixe aos concellos a dixitalización do padrón municipal, que deberá actualizarse en tempo real. Na actualidade, o padrón pode tardar ata 60 en actualizarse.

 

Ademáis dos devanditos cambios, este proxecto permitirá dispoñer tamén dunha base de datos de vivendas identificadas cun único código a nivel nacional, algo que tamén resultará obrigatorio a partir do 2026. “Estamos a falar dunha auténtica revolución na xestión pública, con moitas implicacións a nivel tributario, ambiental, e de planificación de servizos”, valorou o delegado do Goberno dende O Carballiño.

 

Achegar a administración á cidadanía

 

No transcurso da súa visita ao Carballiño, Pedro Blanco puxo en valor as políticas que está levando a cabo o Goberno de Pedro Sánchez para achegar a administración á cidadanía residente en concellos de zonas rurais. Destacou en particular o plan “A administración cerca de ti”, que se atopa na súa segunda fase de execución logo de comezar en novembro do ano 2022.

 

A través desta iniciativa, persoal das catro subdelegacións do Goberno desprázanse aos concellos de entre 500 e 8.000 veciños co obxectivo de formalos no coñecemento da administración dixital e para tramitar o certificado electrónico necesario para a relación dixital coa Administración. O delegado do Goberno destacou que, tan só na provincia de Ourense, a primeira fase deste plan chegou a máis de 70.000 habitantes repartidos por 81 concellos da provincia.

0.19813895225525