O Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos da UVigo sitúase como o mellor España segundo o ránking de Shanghai

A Universidade de Vigo mantense como a mellor universidade española en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, segundo o Global Ranking of Academic Subjects (GRAS) 2025, máis coñecido como o ránking de Shanghai. A UVigo sitúase no posto 17 a nivel mundial nesta disciplina, mellorando a súa posición respecto ao ano pasado, cando estaba no 34.
Este grao, que se imparte no Campus de Ourense, consolídase así como unha referencia tanto a nivel nacional como internacional. O ránking avalía o desempeño de arredor de 5.000 universidades, considerando indicadores como premios internacionais, calidade da investigación, citas e colaboracións internacionais, e clasifica finalmente unhas 2.000 institucións.
Ademais de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, a UVigo destaca en outras dez áreas de coñecemento. Por exemplo, en Oceanografía está entre as 200 mellores universidades do mundo, e en Ciencias Agrícolas figura entre as 201 e 300 primeiras. En disciplinas como Ciencias Atmosféricas, Biotecnoloxía, Ciencias Económicas e Ciencia e Tecnoloxía dos Instrumentos ocupa postos entre o 301 e 400. En Química, Ciencias da Terra, Farmacia, Ciencias Farmacéuticas e Ciencias Biolóxicas, a institución sitúase entre as 401 e 500 primeiras.
Estes resultados confirman o compromiso da Universidade de Vigo coa investigación de calidade e o seu liderado en formación especializada, especialmente no ámbito de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.