O grupo de Estudos Arqueolóxicos do Campus de Ourense avanza na súa investigación no Castro de Armea
Este verán o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo volveu un ano máis escavar na 'cibdá' romana de Armea, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz).
O grupo da UVigo leva desde o ano 2011 estudando este enclave, que destaca polo seu grao de conservación e o feito de estar nunha contorna rural, cunha campaña arqueolóxica cada verán. É ademais, un referente para o alumnado peninsular que cada ano busca realizar prácticas no eido arqueolóxico.
Ademais de atopar novos muros e pavimentos, recolléronse durante a campaña de verán unha gran cantidade de materiais arqueolóxicos (cerámicas, vidros, metais e pezas líticas) e mostras.
O equipo, informan desde a UVigo, retoma agora o proxecto levando a cabo tarefas de restauración do xacemento e de investigación en laboratorio do material atopado nos traballos de campo.