O Grupo Municipal Popular pedirá ao goberno local que inicie os trámites para demandar a delimitación do tramo urbano en Untes

OurenseXa
Os populares sinalan que a parroquia de Untes ten que ser considerada tramo urbano porque cumpre cos requisitos esixidos polas leis para selo
Pleno_extraordinario_Ourense_31_xaneiro
31 Jan 2024

O Grupo Municipal Popular defenderá no pleno ordinario de febreiro unha moción pedindo ao goberno municipal que inicie os trámites para demandar ao Ministerio de Fomento a delimitación de tramo urbano en Untes “posto que é o Concello de Ourense o que ten que traballar na procura de que as nosas parroquias teñan rúas máis pacificadas”, asegura a concelleira, Noelia Pérez. Ademais, o Partido Popular entende que “a parroquia de Untes pode ser considerada tramo urbano porque cumpre cos requisitos esixidos polas leis para selo”.

“A delimitación do tramo urbano reduciría o límite de velocidade, incluso por debaixo dos límites máximos permitidos polo Regulamento xeral de circulación, e isto conleva a unha maior convivencia entre os peóns, ciclistas e vehículos”, explica a concelleira. “Tamén incluiría o establecemento de pasos preferentes para peóns, cos que se reducirían os riscos para os viandantes, e modificaríanse os límites de edificación”, engade Noelia Pérez.

Por suposto, os populares aclaran que “se solicita para Untes, sen prexuízo de que se faga para outros núcleos do Concello que se estimen e nos que sexa necesario”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19220519065857