O grupo municipal socialista reclamará que o programa de conciliación prorróguese ata final de curso

OurenseXa
“Nas próximas xuntas de área, solicitaremos á concelleira de Benestar Social que se continúe a prestar ata que remate o curso lectivo”, expón a edil do PSdeG da corporación municipal Cristina Cruz Fernández
Pleno_Ourense
5 Feb 2024

O grupo municipal socialista amósase escéptico respecto ás declaracións do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante o último pleno ordinario de febrero, afirmando que mantería o programa de conciliación que se desenvolve nos centros cívicos ata que remate o curso. “Nas próximas xuntas de área, solicitaremos á concelleira de Benestar Social que se continúe a prestar este servizo ata que remate o curso lectivo”, expón a edil do PSdeG Cristina Cruz Fernández.

“Despois de que se fixera público que o Concello de Ourense desexaba suspender a actividade no Centro Cívico da Cuña e que concederon, finalmente, unha prórroga de só un mes non hai seguridade de que se vaia manter ata xuño pese ás declaracións do alcalde asegurando que de ninguna maneira desaparecería o programa”, engade a socialista logo de ter preguntado tamén polo asunto na sesión plenaria deste pasado venres.

“Dicimos que non confiamos en que así sexa porque porque esa soflama xa a empregou cando o Concello deixou de colaborar coa Universidade Popular (UPO) e como vemos, a día de hoxe, seguimos sen alternativa educativa neste eido. Agardamos que non minta á cidadanía unha vez máis, xa que se segue a eliminar proxectos sociais desta importancia conciliar en Ourense será unha utopía”, remata contundente a edil.

0.1921911239624