O Judo Club Marbel pechou a temporada coa entrega de medallas do Concurso Técnico e os premios ‘Jita Kyoei’

OurenseXa
O club recoñeceu o esforzo dos judocas ao longo do curso
infantil-judo-club-marbel
Judo Club Marbel
19 Jul 2025

O Judo Club Marbel puxo fin á temporada 2024-2025 coa entrega de medallas do Concurso Técnico e os premios ‘Jita Kyoei’ nun acto celebrado no ximnasio Marbel durante o pasado mes de xuño.

O Concurso Técnico premia o esforzo dos judocas durante a temporada mediante un sistema de puntuación que valora a constancia, o comportamento, a asistencia, os coñecementos técnicos e a participación en competicións. Cada participante mantén a súa propia folla de méritos, sendo responsable do seu seguimento. Ao final da temporada, aqueles que suman máis puntos en cada categoría reciben unha medalla.

A clasificación organízase por grupos e cores de cinto. Nesta edición, o club distinguiu aos seguintes judocas:

Infantil – Grupo 1

  • Cinto branco: Antía López
  • Branco-amarelo: Martina Brancati
  • Amarelo: Vanessa Fedulova
  • Amarelo-laranxa: Enzo Trícoli
  • Laranxa: Manuel J. Puga
  • Laranxa-verde: Nyoel González
  • Verde-azul: Nico González

Infantil – Grupo 2

  • Cinto branco: Diego Couso
  • Branco-amarelo: Minerva Casal
  • Amarelo: Ainoa Vázquez
  • Amarelo-laranxa: Olivia Fernández
  • Laranxa: Álvaro Seoane

Cadetes pequenos

  • Branco-amarelo: Mencía Rojo
  • Laranxa: Beatriz Nesi
  • Verde: Carla Seoane
  • Azul: Gabriela Da Silva

Con esta actividade, o Judo Club Marbel despide un novo curso marcado polo traballo constante e a formación en valores a través do deporte.

⚙ Configurar cookies
0.16708302497864