O lume de Chandrexa de Queixa arrasa 10.500 hectáreas e convértese no segundo maior da historia de Galicia

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
Os focos de Parafita e Requeixo xuntáronse este xoves, ao igual que os focos activos en Maceda, arrasando entre ambos máis de 13.000 hectáreas do Macizo Central ourensán
Incendio
14 Aug 2025

As lapas continúan avanzando sen control no Macizo Central ourensán, deixando unha situación especialmente dramática en Chandrexa de Quiexa. Segundo as últimas informacións da Consellería de Medio Rural, xa son 10.500 asa hectáreas arrasadas, converténdose no segundo incendio máis grande da historia de Galicia dende que hai rexistros, despois do de Folgoso e A Pobra do Brollón, que arrasou máis de 11.000 hectáreas en 2022, e igualado co do mesmo ano en Verín.

Os dous focos activos ata agora, o de Parafita e o de Requeixo, xuntáronse durante a mañá desde xoves, complicando aínda máis a situación, que segue descontrolada. As tarefas de extinción complícanse pola complexidade do terreo, as elevadas temperaturas e o vento. O municipio de Manzaneda sofre tamén as consecuencias deste incendio e a cercanía das lapas a varios núcleos de poboación complica a situación.

Para a súa extinción mobilizáronse de xeito conxunto, ata o de agora, 21 técnicos, 95 axentes, 134 brigadas, 77 motobombas, 12 pas, 11 unidades técnicas de apoio, 20 helicópteros e 17 avións.

En Maceda, moi preto do de Chandrexa, outros dous focos xuntáronse este xoves. Son os de Santiso e Castro de Escuadro, este último controlado ata o de agora, pero que xuntos suman arredor de 2.200 hectáreas e permanecen activos. Para a súa extinción mobilizáronse en total 8 técnicos, 64 axentes, 96 brigadas, 63 motobombas, 10 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros e 18 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Con ambos lumes, a superficie queimada no Macizo Central ourensán é xa de preto de 13.000 hectáreas

⚙ Configurar cookies
0.3306679725647