O mercado de antigüidades de Ourense queda aprazado ata o domingo 13 de outubro
OurenseXa
Este cambio débese á celebración da carreira do Pilar
Imaxe de Antiq Auria
4 Out 2024
O mercado de antigüidades que organiza o departamento de Comercio do Concello de Ourense terá lugar este mes de outubro o domingo, día 13. Este cambio débese a que pasado mañá, domingo 6 de outubro, desenvolverase a carreira da Garda Civil, con saída e chegada na Praza Maior e paso polas rúas da súa contorna, o que fai imposible a súa celebración.
O mercado de antigüidades realízase habitualmente os primeiros domingos de cada mes na Praza Maior e na rúa Doutor Marañón, e está formado por uns vinte postos de venda destes produtos.