O Mercado de Nadal de Celanova contará con máis de 60 expositores
OurenseXa
Estará aberto entre o 6 e o 8 de decembro
18 Nov 2024
O Gran Mercado de Nadal de Celanova regresa os días 6 e 8 de decembro de 2024 con máis de 60 expositores, que estarán abertos entre as 10.00 e as 20.00 horas. Ademais, durante os días de mercado terán lugar a Festa da Lentella e a Festa dos Callos, así como concentracións de motos e coches clásicos.
Os veciños e veciñas poderán mercar unha gran variedade de produtos típicos e gozar de catro xornadas de actividades para darlle a benvida ao inverno.