O novo laboratorio de cultivo in vitro sitiuado no Viveiro de Maceda fomentará o mantenmento das especies autóctonas

OurenseXa
Será unha ferramenta fundamental para repoboar con planta da maior calidade e actuará en todo o territorio nacional, destacou subdelegado do Goberno en Ourense
novo-viveiro-tragsaa-maceda-eladio-saantos
20 Mar 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, asistiu hoxe, véspera do Día Internacional da Árbore, á presentación do novo laboratorio de cultivo in vitro do Grupo Tragsa, sito no Viveiro de Maceda.

Trátase dunha instalación de última xeración, equipada con tecnoloxía punta, que, tal e como explicaron os seus responsables, significa un fito importante no seu compromiso coa innovación e o avance científico no ámbito dos materiais forestais de reprodución. Constitúe unha ferramenta fundamental non só para repoboar con planta da maior calidade, senón tamén para manter as especies vexetais autóctonas, máis resistentes e mellor adaptadas aos ecosistemas.

Nesta presentación, o subdelegado estivo acompañado pola alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo; o xefe da Unidade Territorial Noroeste de Tragsa, Manuel Villarroel; a coordinadora do Viveiro de Maceda, Rosario Martel Muñoz; e outras autoridades. Todos eles fixeron un percorrido polas instalacións do Viveiro de Maceda para coñecer de primeira man as capacidades deste novo laboratorio.

O subdelegado do Goberno puxo en valor “a innovación permanente” destas instalacións para a selección de especies arbóreas, como castiñeiros, carballos, sobreiras e coníferas, que se distribuirán por toda España. “O seu obxectivo é innovar para conseguir mellorar as especies, loitando contras as enfermidades e fungos, e contra os danos que causa nalgunhas delas o cambio climático. É un proxecto pioneiro”, sinalou Santos.

De feito, o Grupo Tragsa agarda que este proxecto permita transferir o traballo dos centros de investigación públicos ao sector agroforestal, do xeito preciso para que teña impacto a medio e longo prazo.
Toda unha aposta que, segundo Eladio Santos, “é un orgullo para Maceda e para a provincia. Esta iniciativa aporta postos de traballo, fixa poboación na comarca e dinamízaa economicamente xa que esta empresa colabora con outras da comarca no tocante a mantemento e reparación”, concluíu.

⚙ Configurar cookies
0.78891491889954