O OUFF pon o broche de ouro a unha edición con gran éxito entre o público e a crítica
O OUFF vén de pechar a súa 29ª edición na Gala de Clausura do Auditorio Municipal cun notable éxito de público e crítica cinematográfica. O presidente provincial, Luis Menor, ademáis de agradecer o “excelente traballo” do equipo do Festival, manifesta os seus parabéns aos premiados nesta edición, amosando o seu desexo de que as Calpurnias acadadas no OUFF, “sexan o preludio de moitos máis recoñecementos dentro do mundo do audiovisual”.
Luis Menor tamén fixo referencia á importancia do OUFF para o reforzo da marca Ourense e a súa imaxe exterior. Precisamente por iso, este festival, a piques de cumprir a trintena, alcanza a madurez como eixo estratéxico na promoción e difusión dos recursos e potencialidades da provincia, matizando que “crer no OUFF é crear riqueza en Ourense”, deixando claro que apostar pola Cultura “é apostar por unha sociedade formada, crítica, aberta e evolucionada”.