O ourensán Diego Conde Gómez, novo académico nacional das Ciencias Veterinarias

O ourensán Diego Conde Gómez, foi nomeado este xoves en Santiago como académico nº 23 nacional das Ciencias Veterinarias.
No acto, no que estivo presente o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, púxose de relevo a destacada traxectoria de Conde no mundo da veterinaria. Menor destacou a investigación histórica “innovadora” que promove Diego Conde Gómez. Neste sentido, o presidente provincial puxo en valor o traballo investigador do novo académico, un saber que é “relevante” no mundo veterinario “en prol dunha sociedade máis segura”.
Diego Conde Gómez ostenta ademais a condición de Académico correspondente da Academia de Ciencias Veterinarias de España.