O ourensán Manu Pérez proclámase Subcampión do Mundo de Kickboxing

O ourensán, Manu Pérez, proclamouse esta fin de semana Subcampión do Mundo de Kickboxing na modalidade light-contacto -69 quilogramos. O deportista ourensán, pertencente ao clube Turbo Box, consolídase como unha das grandes promesas deste deporte.
Pérez, que forma parte da Selección Española de Kickboxing, obtivo tamén a medalla de bronce na modalidade Kick-light.