O Ourense Atletismo remata o o Campionato Galego de Clubs sub14 con tres bronces

Ambos quipos, tanto masculino como feminino, remataron con folgura na terceira posición. Os rapaces conseguiron 103 puntos, entre os 124 da S.G. Pontevedra e os 82 do R.C. Celta. No caso das rapazas, colleitaron 172.5 puntos, estando entre os 179 no Narón e os 158 do Atletismo Feminino Celta. Na clasificación conxunta o club tamén obtivo a terceira praza con 275.5 puntos, por detrás da S.G. Pontevedra (327 p.) e Narón (304 p.) e tendo de inmediato perseguidor á Purísima (199 p.).