O Ourense CF queda subcampión no XX Memorial Jacobo Díaz Camino de fútbol celebrado en Monforte

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O Dépor impúxose nos penaltis nunha final moi reñida
memorial-futbol-monforte-depor
Entrega de trofeos do XX Memorial Jacobo Díaz Camino
18 Aug 2025

Este sábado, o alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presidiu a entrega de trofeos do XX Memorial Jacobo Díaz Camino, torneo de fútbol xuvenil que este ano se disputou con grande competitividade.

Na cerimonia de premiación acompañaron ao alcalde Luis Díaz, pai de Jacobo, e Juan Carlos Díaz, presidente do Club Calasancio de Monforte de Lemos.

O torneo contou coa participación do C.P. Calasancio, Deportivo da Coruña, Ourense Club de Fútbol e S.D. Ponferradina de Ponferrada. Nas semifinais, o Deportivo da Coruña superou ao C.P. Calasancio na tanda de penaltis, mentres que o Ourense Club de Fútbol impúxose fronte á S.D. Ponferradina. A final enfrontou ao Deportivo da Coruña e ao Ourense Club de Fútbol, resultando vencedor o Deportivo da Coruña novamente tras os penaltis.

O torneo celébrase coa colaboración do Concello de Monforte e da Deputación de Lugo, e continúa consolidándose como un referente do fútbol xuvenil na comarca.

⚙ Configurar cookies
0.10083794593811