O Paco Paz acolle a segunda xornada da 41ª Copa Deputación de Judo

OurenseXa
180 judocas de toda a provincia participan en Ourense na competición máis importante da tempada
copa-deputacion-judo
Copa Deputación de Judo
26 Apr 2025

Este sábado, 26 de abril de 2025, celébrase na pista central do Pazo Paco Paz a segunda xornada das tres que conforman a Copa Deputación de Judo 2025, unha competición que reunirá a 180 participantes de toda a provincia, consolidándose como o evento máis relevante da tempada a nivel provincial.

As categorías abranguen desde a Chupetín (para deportistas de menos de 18 quilos) ata a Xuvenil, e mantense a fusión das categorías masculina e feminina na categoría OPEN, aberta a judocas de ambos os sexos. Participarán representantes dos clubs da cidade e das escolas de Cambeo, Inmaculada, Allariz e Baños de Molgas. A xornada servirá para perfilar os principais aspirantes ao medalleiro en cada categoría.

A Copa Deputación, patrocinada integramente polo Servizo de Deportes da Deputación de Ourense e organizada pola Delegación Ourensá de Judo, é a competición máis importante do judo a nivel provincial e o principal viveiro de novos talentos. Para a maioría dos participantes, esta copa representa a súa primeira experiencia competitiva.

A competición consta de tres xornadas –1 de marzo, 26 de abril e 28 de xuño–, todas elas puntuables, polo que a asistencia a cada unha resulta un factor clave para a clasificación final.

Con esta edición cúmprese a 41ª convocatoria dunha das competicións de formación máis veteranas da provincia, creada polo mestre Manuel Montero, 8º Dan de Judo.

⚙ Configurar cookies
0.16599798202515