O paro en Ourense descende en máis de 400 persoas en abril
O número de parados en Ourense no mes de abril foi de 14.953 pesoas en toda a provincia, 433 menos que os rexistrados no mes de marzo, das cales 198 son mulleres e 235 son homes. Respecto aos datos do ano pasado, o descenso é de 1.166 en taxa internanual. A cifra é unha das máis baixas na provincia nos últimos anos.
Por sectores, o desemprego baixa en todos eles, sendo o sector servizos o que experimenta maior descenso, con 305 pesoas desempregadas menos.
Pola súa banda, a contratación mantense estable, continuando en mínimos de temporalidade, cun 61% de contratos temporais. Dende CCOO lembran que antes antes da reforma laboral, esta contratación rondaba o 93%.
A secretaria xeral de CCOO, Ana Barrios, sinala que aínda que o desemprego descende en 433 persoas sendo unha das cifra máis baixa dos últimos anos, as 14.953 persoas desempregadas segue a ser unha cifra elevada para a nosa provincia e son necesarias políticas progresistas que poñan o emprego no primeiro plano.
Hai que seguir desenvolvendo a negociación colectiva e incrementar os salario de maneira decisiva na mellora do poder adquisitivo; hai que apostar pola redución da xornada máxima legal e convencional, como outra forma máis da repartición da riqueza e de seguir avanzando na redución do desemprego, nese obxectivo, para alcanzar o pleno emprego.
La cifra de parados en la provincia bajó en abril con respecto al mes de marzo. En concreto, Ourense tenía en el mes de abril, según los datos del Ministerio de Trabajo, 14.953 parados. Son 433 menos que en el mes anterior, cuando la provincia contaba con 15.386. Este dato supone que la provincia ourensana tiene 1.166 personas en paro menos que en el mismo mes del año pasado.