O paro en Ourense sube ata as 15.386 persoas no mes de marzo
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego caeu en 1.572 persoas en marzo en Galicia, en comparación co mes de febreiro. A cifra supón un descenso do 1,2% en termos porcentuais, segundo datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Economía Social
O paro caeu en marzo en todas as rexións galegas, excepto en Ourense, onde creceu en 24 persoas respecto ao mes anterior, ata 15.386, un 0,16% máis, das cales 8.683 son mulleres e 6.703 son homes. En termos inteanuais, o paro en Ourense baixou en 1.167 persoas.
O paro diminúe no sector da Agricultura (-9), da construcción (-12) e nos servicios (-22) e increméntase na industria (+23) e no colectivo de ‘sen emprego anterior’ que con 1.539 persoas desempregadas (998 mulleres e 541 homes), ten 44 máis que no mes de febreiro.
No que respecta á contratación, no mes de marzo aínda que se formalizaron 651 contratos menos, (-186 indefinidos e -465 temporais), a temporalidade sitúanse no 62%, na media dos últimos meses dende que se aprobou a reforma laboral. Outro dato positivo é a afiliación a seguridade social que se incrementa en 166 cotizantes máis.