O Parque de Montealegre retoma a programación infantil

OurenseXa
A primeira das actividades terá lugar este sábado, 12 de outubro, cun obradoiro titulado Mural de outono dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos
botanico_montealegre_1
Parque de Montealegre
7 Out 2024

O Concello de Ourense retoma esta fin de semana a programación de actividades do Parque de Montealegre. Será cun obradoiro titulado Mural de outono, que terá lugar o sábado, 12 de outubro, ás 16.00 horas, e outro de Manualidades con cortiza, o domingo, 13, á mesma hora, ambos os dous dirixidos ao público infantil (de 5 a 12 anos)

A programación de actividades medioambientais do Parque continuará con diferentes propostas, sempre ás 16.00 horas durante as fins de semana. O sábado, 19 de outubro, haberá un obradoiro de Animais de cartolina, o domingo 20, outro de Figuras con follas, o sábado 26, o título será Decoración de Samaín, o domingo, 27 levarase a cabo un Percorrido polo botánico. No mes de novembro, concretamente o sábado 2 será a actividade Cultivar sementes e o domingo, 3, Artesanía con arxila. Todas as propostas están dirixidas ao público infantil, agás o percorrido polo botánico, que está dirixido a todos o públicos.

As persoas interesadas poden obter máis información ou inscribirse a través do correo electrónico sm.p.montealegre@gmail.com.

0.17393088340759