O parque infantil de Ribeira de Canedo será renovado cun investimento de 48.396 euros

OurenseXa
A actuación incluirá a renovación dos xogos infantís, a adecuación do terreo e a mellora da seguridade da zona
parque-infantil-ribeira-de-canedo
Proxecto de renovación do parque infantil de Ribeira de Canedo
11 Mar 2026

O Concello de Ourense adxudicou o contrato para a renovación da área de xogos do Parque Ribeira de Canedo, un proxecto que busca modernizar un dos espazos de lecer máis utilizados polas familias do barrio.

A intervención contará cun orzamento de 48.396,60 euros e incluirá a instalación de novos xogos infantís, a adecuación do terreo e a mellora da seguridade da zona. Entre os elementos que se incorporarán destacan unha estrutura temática con forma de xirafa, un xogo de caracol, un tobogán dobre con asento plano e tipo balancín, e unha casita con xardín, pensados para ofrecer máis opcións de xogo e fomentar a actividade ao aire libre dos nenos.

O proxecto tamén contempla a retirada dos xogos actuais, a preparación e nivelación do terreo, a instalación de xeotéxtil e area de sílice, así como a colocación de bordos e outros elementos necesarios para garantir a seguridade da área infantil.

O prazo estimado para a execución dos traballos é de 30 días a partir do 10 de marzo. Unha vez rematados, o espazo será revisado por unha empresa auditora especializada para certificar que cumpre con todas as normativas vixentes.

0.12222099304199