O Parque Tecnolóxico acolle unhas xornadas técnicas sobre incendios forestais

O Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, inaugurou esta mañá o acto Alianza por la Seguridad: PCI Forestal e Industrial, no que representantes do sector industrial, forestal e das administracións públicas, abordarán cuestións clave para Galicia en materia de prevención, sustentabilidade e competitividade territorial.
Esta xornada de carácter técnico, segundo destacou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, durante a apertura, busca fortalecer a coordinación institucional, a transferencia de coñecemento e a innovación en sistemas PCI, con especial atención á interconexión entre o tecido empresarial local e a xestión sostible do territorio.